Arquivo de Galicia

Sobre o Arquivo

O Arquivo de Galicia custodia os documentos producidos pola Xunta de Galicia e os órganos e entidades dela dependentes desde a súa creación (1982), así como outros de calquera procedencia que, polo seu ámbito e interese, se lle poidan asignar. É cabeceira do Sistema de Arquivos de Galicia, por iso simboliza a unidade do patrimonio documental da Comunidade. Este patrimonio comprende unha porción notable da súa cultura escrita e caracterízase, entre outros aspectos, pola súa calidade, antigüidade, diversidade, invisibilidade e dispersión.

Depende organicamente da  Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e foi inaugurado en xaneiro de 2011.

Ten a súa sede na Cidade da Cultura de Galicia, situada no monte Gaiás de Santiago de Compostela.

Horario

Inverno
De luns a venres
De 8:15 a 14:45 h

Verán (16 de xuño a 15 de setembro)
De luns a venres
De 9 a 14 h

Contacto
+34 881 999 661
+34 881 999 740
Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s º 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)

Actualidade

Novas do Arquivo de Galicia