Actualidade

Alumnado do Colexio San José de Ourense visita o Arquivo Histórico Provincial de Ourense

Data de publicación: 14-03-2014
Alumnos e alumnas do CPR San José de Ourense desenvolveron no AHPOu unha actividade englobada nun proxecto pedagóxico que utiliza o patrimonio local para chegar ao coñecemento de cuestións globais. Neste caso, puideron achegarse ao patrimonio documental como fonte para o estudo do pasado.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Os últimos números de FRONDA, editada polo Arquivo Histórico Provincial de Ourense, xa poden descargarse na súa páxina web

Data de publicación: 06-03-2014
Xa se poden descargar na páxina web do Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) os números úmeros 47, 48 e 49 de Fronda dedicados a fondos de institucións penitenciarias e a fondos de empresa que se custodian no AHPOu.
 
Fronda é unha publicación periódica de carácter bimestral coa que este Arquivo pretende achegar o patrimonio documental á sociedade.
 
Tamén se pode recibir en PDF a traveso de e-correo dirixindo unha solicitude á dirección electrónica do AHPOu (arq.prov.ourense@xunta.es)
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

O CAPITÁN GARDADOR XA NAVEGA NA REDE

Data de publicación: 19-12-2013
O pasado 17 de decembro presentouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense o primeiro capítulo da serie As viaxes do Capitán Gardador, titulado Unha sombra a través do tempo. O acto contou coa participación do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
 
O evento tamén serviu para presentar a páxina de Facebook do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, así como o canal de Youtube no que se pode visionar a curta. Para ver as correspondentes ligazóns, pincha en Ler máis.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn