Fondos bibliográficos

A biblioteca auxiliar do Arquivo forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. O catálogo colectivo da rede de bibliotecas públicas de Galicia inclúe os rexistros de todo tipo de materiais conservados nos centros pertencentes a esta rede. Actualmente, abarca vinteuna bibliotecas, entre as que se atopan a Biblioteca de Galicia, as bibliotecas nodales, as bibliotecas auxiliares de arquivos e museos dependentes da Xunta de Galicia, a Biblioteca Municipal de Ferrol, as bibliotecas do Consello da Cultura Galega e do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais, así como as bibliotecas da Fundación Gonzalo Torrente Ballester e da Fundación Vicente Risco.