Fondos documentais

INFORMACIÓN QUE PODEMOS ENCONTRAR NA BASE DE DATOS

Na base de datos pódese encontrar a descrición documental de diversos fondos do Arquivo. É unha base en continua actualización que contén rexistros de documentos (e tamén as imaxes asociadas a eles) e de "autoridades" (palabras clave que nos permiten acceder á información que conteñen) correspondentes a diferentes fondos ou coleccións documentais.

O nivel de acceso á información varía según o fondo documental. Nalgúns, pódese chegar ata o mesmo documento. Noutros, a descrición chega ata o nivel de serie documental, coas unidades de instalación (caixas ou atados) a elas asociadas.

¿COMO CONSULTAR A BASE DE DATOS?

Pode acceder directamente á base de datos (non é necesario introducir ningún nome de usuario ou contrasinal, pero facelo permitiralle restrinxir a busca ao arquivo do seu interese. No caso contrario,  realizarase sobre todos os que teñen os seus fondos accesibles a través da base de datos) ou consultar previamente a información de AXUDA que aparecerá ao premer sobre os signos de interrogación ¿? situados á dereita da pantalla.
Teña en conta que atopará a información descritiva dos documentos que se achen na base de datos ben de forma estruturada, de acordo coa xerarquía orgánica ou funcional que articula interiormente calquera fondo documental, ben de forma sinxela, sen observar ese contexto.
O nome do usuario é: ahppo; o contrasinal: colon