Actualidade

O labor de formación do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra completouse o ano 2013 co achegamento á arquivística dunha nova estudante da Universidade de Santiago de Compostela

Data de publicación: 09-01-2014

Paloma García Marín rematou o pasado 20 de decembro as súas prácticas no ámbito da arquivística despois de tres meses de traballo no centro pontevedrés. Como noutras ocasións, o Arquivo Histórico Provincial participou no Programa de prácticas académicas externas do alumnado da Facultade de Xeografía e Historia da universidade compostelá.

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Alumnos da consultora Zona de Negocios visitaron o pasado 7 de outubro as instalacións do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra como complemento á súa formación en sistemas de información e arquivo

Data de publicación: 24-10-2013

Trece alumnos do curso “Xestión Integrada de Recursos Humanos” visitaron hai uns días o Arquivo Histórico Provincial para coñecer de preto as funcións e os servizos do centro. A visita comezou cunha explicación da historia do arquivo desde a súa creación en 1931 ata agora, e das súas funcións de custodia e servizo á Administración, á investigación e aos cidadáns, ademais do proceso técnico descritivo imprescindible para a recuperación da información en pro deste servizo.

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Dous protocolos notariais do século XVIII e un do XIX, custodiados no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, están a ser restaurados pola conservadora-restauradora, Sylvia Fernández Bueno

Data de publicación: 03-10-2013

O Arquivo Histórico de Pontevedra, consciente da súa responsabilidade co patrimonio documental, incluíu no orzamento deste ano 2013, unha partida para a intervención de tres protocolos notariais mediante a contratación dos servizos de conservación e restauración de Sylvia Fernández Bueno.

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn