Pescuda no arquivo. A vida na Galicia do século XVIII. 09. Os oficios. 01. Completa a transcrición

Arquivo do Reino de Galicia. Alcaldía Maior de Ferrol e da Graña. Preito de Juan Antonio de la Iglesia, forneiro de pan, contra Vicente Bran sobre cocer con toxos ou leña branca no forno. 1748-1749. Sign.: 4906-36.
16 Set 2022 - 16 Dec 2022

Pescuda no arquivo. A vida na Galicia do século XVIII. 09. Os oficios. 01. Completa a transcrición

Outras actividades

Despois do descanso estival imos volver á nosa pescuda da vida en Galicia no século XVIII tendo como base as fontes primarias que nos ofrece o arquivo. Esta vez ímonos centrar nos oficios que desempeñaban os galegos e as galegas naqueles tempos.

 

Traballaremos cun documento do fondo da Alcaldía Maior de Ferrol e da Graña que dá conta da existencia naquel momento de panadeiros, tamén chamados forneiros.

 

Comecemos entón con esta parte do noso obradoiro documental. Podedes achegarnos as vosas respostas a través do enderezo electrónico (arq.reino.galicia@xunta.gal) ou do Facebook do arquivo. O venres 23 de setembro publicaremos as solucións da transcrición e a seguinte proba.