O Arquivo do Reino de Galicia é na actualidade un centro de titularidade estatal con xestión transferida á Xunta de Galicia, que recibe, custodia e difunde fondos documentais de ámbito galego e coruñés de natureza pública e privada.
Depende orgánicamente do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, e funcionalmente da Subdirección xeral de Arquivos, dentro da Secretaría xeral de Cultura da CCEOU.
Creado para custodiar a documentación producida pola Real Audiencia de Galicia, convertida máis tarde en Audiencia Territorial da Coruña, desde finais do século XIX e, sobre todo a partir do século XX recibirá tamén documentación doutras institucións de ámbito territorial galego. Finalmente distintas normas asignaranlle o papel de Arquivo Histórico Provincial da Coruña para os documentos da Administración central periférica, primeiro, e da autonómica despois. Custodia tamén fondos privados e amplas coleccións de fotografía, cartografía e de postais.
Inverno:
Luns a Venres: 8:30 a 20:30 h.
Verán (16 de xuño a 16 de setembro):
Luns a Venres: 8:30 a 19:30 h.
Pechado ó público:
Martes de Antroido (variable, festivo local)
17 de maio (Día das Letras Galegas)
24 de xuño (San Xoán, festivo local)
25 de xullo (Día da Comunidade Autónoma)