Fondos documentais

Fondos documentais

Parte dos documentos que se custodian no Arquivo de Galicia poden ser consultados a través de Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia, unha plataforma de xestión dos centros integrados no Sistema de Arquivos de Galicia que proporciona datos recolectables a Galiciana. Patrimonio Dixital de Galicia e, a través dela, aos principais servizos de agregación e recolección nacionais e internacionais como Hispana, Europeana ou OAIster.

Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia permite a consulta a través dun punto único tanto de documentos que teñan obxectos dixitais asociados como aqueloutros non dixitalizados.

Tanto as descricións como as dixitalización increméntanse cada ano de acordo coa planificación do Arquivo.