Servizos

Servizos

Servizos do arquivo

Consulta

O arquivo ofrece servizo de consulta á cidadanía, á investigación e ao persoal da Administración, tanto de forma presencial como por correo electrónico ou postal.

A sala de consulta é de acceso libre e dispón de 12 postos. Nela figuran os instrumentos de descrición impresos, as publicacións do arquivo e o acceso á biblioteca auxiliar.

Ademais, a través do portal web Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia, poden consultarse instrumentos de descrición e fondos dixitalizados.

 

Préstamo

Usuarias habituais deste centro son as administracións, que, ademais de consultar os documentos no propio arquivo, poden retirar temporalmente aqueles que precisen para atender a xestión administrativa.

 

Reprografía

O arquivo expide fotocopias simples, compulsadas e certificados. Tamén conta cunha sala de reprografía con persoal e medios técnicos especializados para facer copias dixitais.

Este servizo está suxeito ao pagamento das correspondentes taxas establecidas pola comunidade autónoma.

 

Difusión

Exposicións e publicacións. Para dar a coñecer a documentación organizada e descrita, o arquivo organiza periodicamente exposicións, publica catálogos e, anualmente, o 9 de xuño, Día Internacional dos Arquivos, publica un folleto e organiza unha xornada de portas abertas.

Visitas guiadas. Os centros educativos, outros colectivos e as persoas interesadas poden dirixirse ao arquivo para concertar unha visita guiada e así coñecer o traballo que se realiza no centro.

 

Biblioteca auxiliar

O arquivo conta cunha biblioteca pública auxiiliar dividida en dous bloques: unha biblioteca profesional especializada en arquivística e un conxunto de publicacións relacionadas coas temáticas que tratan os fondos documentais que custodiamos (historia, arte, historia das institucións, xenealoxía, etc.).

Os libros consúltanse en sala e algúns deles ademais préstanse a domicilio.

Restauración

O centro dispón dun laboratorio de restauración totalmente equipado e de persoal especializado para o tratamento dos documentos custodiados no arquivo que o precisen.

Servizos