Sobre o Arquivo

Sobre o Arquivo

O Arquivo

O Arquivo Histórico Provincial de Lugo é un centro público de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.

Depende organicamente da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e funcionalmente da Subdirección de Arquivos, pertencente á Secretaría Xeral de Cultura.

Foi creado pola Orde de 10 de maio de 1951 do Ministerio de Educación Nacional. Instalouse inicialmente no pazo que hoxe ocupa a Deputación Provincial, ata o seu traslado definitivo en 1988 a un edificio construído e equipado expresamente para recoller, custodiar e servir fondos documentais.

Ten a súa sede nun edificio situado na rúa Cambria, preto do casco histórico da cidade de Lugo.