Arquivo Histórico Provincial de Lugo

Sobre o Arquivo

O Arquivo Histórico Provincial de Lugo é un centro público de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.

Depende organicamente da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e funcionalmente da Subdirección de Arquivos, pertencente á Secretaría Xeral de Cultura.

Foi creado pola Orde de 10 de maio de 1951 do Ministerio de Educación Nacional. Instalouse inicialmente no pazo que hoxe ocupa a Deputación Provincial, ata o seu traslado definitivo en 1988 a un edificio construído e equipado expresamente para recoller, custodiar e servir fondos documentais.

Ten a súa sede nun edificio situado na rúa Cambria, preto do casco histórico da cidade de Lugo.

Horario

Luns a venres, 8:30 a 20:30

 

Pechado: martes de entroido, 25 de xullo, 5 de outubro e 24 e 31 de decembro

Contacto
+34 982 828 318
Rúa Cambria, s/n, 27002 Lugo

Actualidade

Novas do Arquivo Histórico Provincial de Lugo

Difusión

Publicacións do Arquivo Histórico Provincial de Lugo