Fondos

Fondos

Procedencia

Actualmente custodia uns 19 quilómetros de documentación procedente de todos os ámbitos e sectores públicos e privados da provincia.

En 1952 foron transferidos os primeiros protocolos do distrito notarial de Lugo e un ano despois chegou documentación do Concello de Lugo en depósito. A partir de 1964 ingresan as Contadurías de Hipotecas. Xa no novo edificio, a partir de 1988,  incorpóranse os fondos da Delegación do Ministerio de Facenda, que incluía o catastro do Marqués de la Ensenada, da Audiencia Provincial, da Prisión Provincial, Goberno Civil e outros organismos. A principios dos anos 90, a Consellería de Cultura manda recoller sistematicamente todos os protocolos notariais centenarios da provincia. Hoxe en día o arquivo recibe con asiduidade a documentación xerada nas xefaturas territoriais e nas delegacións provinciais da Xunta de Galicia e dos ministerios, así como da Subdelegación do Goberno, notarías, administración de xustiza e outras institucións da provincia.

Ademais, ingresan fondos privados por compra, como os dos fotógrafos Vega ou Juan José, por doazón e en depósito, como o fondo Arquitecto Basanta ou a Casa Palacio de Bóveda.

Fondos

Cadro de clasificación