Fondos documentais

Fondos documentais

Información que podemos atopar na base de datos

O nivel de acceso á información varía según o fondo documental. Nalgúns, pódese chegar ata o mesmo documento. Noutros, a descrición chega ata o nivel de serie documental, coas unidades de instalación (caixas ou atados) a elas asociadas.

¿COMO CONSULTAR A BASE DE DATOS?

Pode acceder directamente á base de datos (non é necesario introducir ningún nome de usuario ou contrasinal). O resultado da busca aparecerá como unha lista de unidades arquivísticas (documentos ou calquera agrupación superior que fose establecida). Se preme sobre calquera desas unidades, accederá á súa información descritiva e ao seu contexto arquivístico. A icona dos documentos que estean dixitalizados figurará ao seu carón. Ao pulsar sobre ela, visualizarase a imaxe, que poderá descargarse ou imprimirse.